Keltoi é o equipo de fútbol gaélico que representa a Vigo na Liga Galega de Fútbol Gaélico.
Fundouse en agosto de 2014, e forma parte da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Esta asociación está recoñecida a nivel internacional e con carácter oficial pola GAA, o máximo organismo dos deportes gaélicos.
Só en Galicia, o fútbol gaélico xa contaba con máis de 500 xogadores en 2015.
No ano 2022, Keltoi gañou os seus primeiros titulos oficiais absolutos coa conquista da Copa Asociación e a Copa All-Galicia. Participando por primeira vez no Torneo ibérico de Valencia.
Qué motivou Keltoi?
O primeiro ano Keltoi tiña en mente obxectivos precisos:
Crear un equipo masculino con opcións de competir ó máximo nivel.
Crear un equipo feminino.
Promocionar o fútbol gaélico en Galicia.
Impartir actividades de formación base para mozos.
Promocionar os valores do deporte.
Se algo caracterizou os nosos primeiros anos de vida, foi a ilusión e a enerxía que todos os compoñentes do equipo poñen dentro e fóra do dos adestramentos.
Keltoi nos medios
Aínda que estamos en fase de crecemento, este deporte é cada vez máis atractivo para os medios de comunicación. No último ano, o Faro de Vigo e La Voz de Galicia dedicaron incluso páxinas completas ó noso equipo tanto na edición dixital coma na edición en papel, como se observa nos exemplos:
Pero, qué é o fútbol gaélico?
O Fútbol Gaélico, regulado internacionalmente pola Asociación Atlética Gaélica ( GAA), é unha variante do fútbol xogado principalmente en Irlanda, sendo o deporte máis popular do país.
Xógase 15 contra 15 (no noso país son 11), nun campo rectangular de cesped, con porterías en forma de H.
O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mans e introducilo na meta rival. Pódese marcar goles, que valen 3 puntos, introducindo o balón na portería; ou se poden anotar tantos, que valen 1 punto, lanzando o balón por encima do traveseiro.
O equipo que máis puntos ten ao final do partido, gana. Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas mans, pateándoo ou pasándoo entre compañeiros do equipo.
A Liga Galega de Fútbol Gaélico
A Liga Galega de Fútbol Gaélico desenvólvese dende setembro a maio e divídese en categoría masculina e feminina. Para a temporada 2017-2018 cóntase cun total de 9 equipos de rapazas e 13 equipos de rapaces.
O crecemento experimentado polo noso deporte nos últimos anos é realmente destacable e amósase imparable, sobre todo nos dous últimos anos, ata o punto de que o traballo da Asociación Galega a favor da evolución do fútbol gaélico recoñécese como exemplar na última Convención Europea do Deporte celebrada en decembro de 2014 en Leuven (Bélxica).
A consolidación dos equipos galegos supón para a Liga Galega de Fútbol Gaélico a entrada de novos equipos de xeito regular, e non se descartan novos equipos para esta nova temporada aproveitando a repercusión que está tendo nos medios de comunicación. Na actualidade hai novos proxectos de equipo en toda a xeografía galega.