Home > Adestramentos

Nosos adestramentos

En Keltoi Vigo sempre estamos abertos a nova xente con ganas e ilusión de aprender un novo deporte.

Os adestramentos adoitan consistir nunha fase de quecemento, traballo técnico con balón, exercicios de partido e unha pequena pachanga para practicar o aprendido, finalizando cunha fase de estiramento suave para relaxar os músculos.

Os mércores, tras o adestramento, gozamos dun dos mellores momentos deste deporte, o terceiro tempo.

Ladies gaelic football

Durante a tempada 2023 – 2024, os nosos adestramentos serán:

  • Luns e mercores de 20 a 22:00. Máis información no email keltoivigo@gmail.com

Se xa che decidiches a vir adestrar, pero aínda non sabes que material necesitas, con simple roupa de deporte sérveche para o primeiro día, con todo, facémosche estas recomendacións:

  • Botas de fútbol para mellor agarre en campo de herba sintética
  • Bucal para a protección de pezas dentais (polo si ou polo non!)
  • Luvas para mellor agarre do balón
  • Roupa para cambiarche e material para a ducha, como toalla e shampoo!

E ademais, para inverno, non te esquezas!:

  • Camiseta térmica
  • Sudadera
  • Braga para o pescozo
  • E demais roupa para manterche quente!

Tercer tempo

SÉ RÁPIDO, SÉ VALENTE - KELTOI