Home >

Feile

O feile 2024 é o campionato europeo oficial de fútbol gaélico infantil e poden participar todos os clubs que formen parte da rexión Europa da GAA, que inclúe todo o continente europeo excluíndo Irlanda (berce do noso deporte) e Gran Bretaña.

Estímase que na edición de 2024 participarán entre 10 equipos de toda Europa. Na edición de 2023 en Berlín participaron 8 equipos de Galicia, Alemaña, Francia, Bélxica, Luxemburgo e Suíza.

O torneo está patrocinado pola GGE (Gaelic Games Europe), entidade que xestiona os deportes gaélicos a nivel da Rexión Europa, e pola GAA (Gaelic Athletic Association), que regula o noso deporte a nivel mundial.

A nivel organizativo, nesta edición, Keltoi Vigo actúa como club anfitrión en colaboración coa Escola Montecastelo e a Asociación Galega de Fútbol Gaélico Sendo a primeira vez que Galicia acolle un torneo desta categoría.

O torneo conta co apoio da Embaixada de Irlanda en España.

O Feile 2024 foi realizado coa axuda financiera do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra

Feile Fútbol Gaélico

SÉ RÁPIDO, SÉ VALENTE - KELTOI