Keltoi é o equipo de fútbol gaélico que representa a Vigo na Liga Galega de Fútbol Gaélico
Fundouse en agosto de 2014, e forma parte da Asociación Galega de Fútbol Gaélico. Esta asociación está recoñecida a nivel internacional e con carácter oficial pola GAA, o máximo organismo dos deportes gaélicos.
Únete a Keltoi!
Non o dubides e vén probar o deporte de moda.
En Keltoi Vigo traballamos para conseguir un equipo forte e que defenda os valores do deporte.