Home >

Torneo Internacional Reconquista de Vigo de Fútbol Gaélico

O torneo Internacional Reconquista de Vigo é un campionato invitacional mixto de fútbol Gaélico de Vigo que organiza o noso club en coincidencia coa festa da Reconquista de Vigo (ou en datas próximas).

O obxectivo principal e promover a amizade dos pobos a través da práctica do Fútbol Gaélico e promover a nivel internacional a festa da Reconquista de Vigo.

Equipos de Galicia, Irlanda, Reino Unido, Francia e Portugal participaron no Torneo desde a súa creación en 2018.

A edición de 2026 celebrouse o 28 de marzo de 2026 e participaron na categoría masculina, ademais de Keltoi, como equipo anfitrión, 2 equipos da Universidade de Ulster (Irlanda do Norte), un equipo de Lorient (Francia), outro de Galicia (Turonia) e un equipo de Portugal (Porto Gaels).

A Universidade de Ulster proclamouse campioa na categoría masculina.

Na categoría feminina participaron o equipo Porto Gaels (Portugal) e os equipos galegos de Lavandeiras de San Simón, Turonia e Grovias.

O combinado formado por Porto Gaels e Lavandeiras de San Simón proclamouse campión na categoría feminina.

O torneo Reconquista de Vigo é realizado coa axuda financeira do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra


Palmarés do torneo

2018 Keltoi Vigo (Masculino) – GMIT (Feminino)

2019 Keltoi Vigo (Masculino) – GMIT (Feminino)

2023 Cavan Stags (Mixto)

2024 Fillos de Breogan (Masculino) – Fillas de Breogan (Feminino)

2025 Keltoi Vigo (Mixto)

2026 University of Ulster (Masculino) – Porto Gaels e Lavandeiras de San Simón (Feminino)


GALERÍA DE FOTOS DO TORNEO

SÉ RÁPIDO, SÉ VALENTE - KELTOI