Home > Historia
Keltoi

Historia do clube

Keltoi é o equipo de fútbol gaélico que representa a Vigo na Liga Galega de Fútbol Gaélico.

Fundouse en agosto de 2014, e forma parte da Asociación Galega de Fútbol Gaélico e da GAA, o organismo que regula internacionalmente os deportes gaélicos.

No ano 2022, Keltoi conseguiu os seus primeiros títulos oficiais absolutos coa conquista da Copa e o torneo All-Galicia.

No ano 2023, Keltoi proclamouse de novo campión da copa e participou na Paneuropeo celebrado na Coruña.

En 2023, Keltoi organizou e participou no Campionato Ibérico, coa presenza dos mellores clubs masculinos e femininos de España e Portugal.

En 2024, Keltoi organizou e participou no European Feile, coa presenza dos mellores clubs en idade infantil da rexión Europa

Qué motivou Keltoi?

O primeiro ano Keltoi tiña en mente obxectivos precisos:

  • Crear equipos con opcións de competir ó máximo nivel.
  • Promocionar o fútbol gaélico en Vigo e Galicia.
  • Impartir actividades de formación base para mozos.
  • Promocionar os valores do deporte.

Se algo caracterizou os nosos primeiros anos de vida, foi a ilusión e a enerxía que todos os compoñentes do equipo poñen dentro e fóra do dos adestramentos o que convirte a Keltoi nun dos clubs referentes deste deporte en Galciia.

Fútbol Gaélico en Vigo

Keltoi nos medios

Aínda que estamos en fase de crecemento, este deporte é cada vez máis atractivo para os medios de comunicación. Nos últimos anos a prensa galega dedicaron incluso páxinas completas ó noso equipo tanto na edición dixital coma na edición en papel, como se observa nos exemplos:

Pero, qué é o fútbol gaélico?

O Fútbol Gaélico, regulado internacionalmente pola Asociación Atlética Gaélica ( GAA), é unha variante do fútbol xogado principalmente en Irlanda, sendo o deporte máis popular do país.

Xógase 15 contra 15 (no noso país son 9), nun campo rectangular de césped, con porterías en forma de H.

O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o balón coas mans e introducilo na meta rival. Pódese marcar goles, que valen 3 puntos, introducindo o balón na portería; ou se poden anotar tantos, que valen 1 punto, lanzando o balón por encima do traveseiro.

O equipo que máis puntos ten ao final do partido, gana. Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas mans, pateándoo ou pasándoo entre compañeiros do equipo.

A  Liga Galega de Fútbol Gaélico

A Liga Galega de Fútbol Gaélico é unha competición que se desenvolve os fins de semana entre os meses de outubro e maio. Somos unha liga federada integrada na federación galega de fútbol e na GGE (Gaelic Games Europe).

A tempada 2023-24 é a duodécima da liga galega de fútbol gaélico e, ademais da liga, os clubs participan noutras competicións como a Copa, o trofeo All- Galicia, o campionato ibérico e paneuropeo de clubs, ademais de outros torneos de carácter amigable.

Fútbol gaélico

SÉ RÁPIDO, SÉ VALENTE - KELTOI